Calendario
Info da proba

Vedra

02/12/2012 11:00 - 13:30
Regulamento
VII Carreira Popular de Vedra

Data: domingo, 2 de decembro de 2012.
Hora: a partir das 11:00 h (proba absoluta).
Lugar: na Carballeira do Souto, San Fins, Vedra.
Distancia: de 200 a 7.500 m.
Organiza: Club Olímpico de Vedra.
Inscrición: ata o 25 de novembro. Ver no regulamento.
Web: Olímpico de Vedra



:: Comenta a carreira de Vedra 2012 no foro ::


O vindeiro 02 de decembro na carballeira do Souto - San Fins - Vedra celebrarase a VIII Carreira Popular de Vedra organizada polo Club Olímpico de Vedra coa colaboración do Concello de Vedra.

Estades todos invitados.

INFORMACIÓN DA PROBA

CARREIRA ABSOLUTA 7500 metros 11:00 horas
CATEGORIAS
V3 Veteranos/as III, nados en 1956 e anteriores
V2 Veteranos/as II, nados entre 1966 e 1957
V1 Veteranos/as I, nados entre 1977 e 1967
SM Sénior masculino, nados entre 1990 e 1978
SF Sénior femenina, nadas entre 1990 e 1978
PM Promesa masculino, nados en 1991,1992 e 1993
PF Promesa femenina, nadas en 1991, 1992 e 1993
JM Junior masculino, nados en 1994 e 1995
JF Junior femenina, nadas en 1994 e 1995

CARREIRA CADETE XUVENIL 3000 metros 12:00 horas
CM Cadete masculino, nados en 1998 e 1999
CF Cadete femenina, nadas en 1998 e 1999
XM Xuvenil masculino, nados en 1996 e 1997
XF Xuvenil femenina, nadas en 1996 e 1997

CARREIRA ALEVÍN INFANTIL 2000 metros 12:30 horas
AM Alevín masculino, nados en 2002 e 2003
AF Alevín femenina, nadas en 2002 e 2003
IM Infantil masculino, nados en 2000 e 2001
IF Infantil femenina, nadas en 2000 e 2001

CARREIRA BENXAMÍN 1000 metros 12:50 horas
BM Benxamín masculino, nados en 2004 e 2005
BF Benxamín femenina, nadas en 2004 e 2005

CARREIRA PREBENXAMÍN 200 metros 13:10 horas
PBM Prebenxamín masculino, nados en 2006 e posteriores
PBF Prebenxamín femenina, nadas en 2006 e posteriores

Os dorsais recolleranse a partir das 9 da mañá do domingo 02 de decembro no lugar habilitado ó efecto.

Inscripcións: Para a carreira absoluta realizaránse a través de Cronotec, o custe da inscripción e de 4€ + 2,50 do aluger do chip Total 6,50 €

Se o pago se produce despois do dia 25 de novembro pasará a ser de 12€

A inscripción para as carreiras de menores terán que facerse a través do correo electrónico: inscri.menores (arroba) gmail.com indicando o nome, apelidos, data de nacemento e clube. Pódese adxuntar una taboa Excel con varios inscritos

As inscripcións pecharanse as 24:00 do Domingo 25 de novembro. olimpicodevedra (arroba) hotmail.com
Non se admitiran baixo ningún concepto inscripcións o día da proba, nin se devolveran o importe das mismas.

Haberá camisetas para tódolos atletas da carreira absoluta e trofeo para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos e para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría. Os trofeos non son acumulativos. NON HABERÁ PREMIOS ECONÓMICOS.

A entrega de trofeos será as 13:30 horas. Tódolos premiados deberán estar presentes na entrega de trofeos, en caso contrario perderán o dereito ó mesmo

COMO CHEGAR
A VIII CARREIRA POPULAR DE VEDRA ten lugar na Carballeira do Souto, situada na localidade de San Fins de Sales, no concello coruñés de Vedra.
Para chegar o lugar da proba é necesario tomar a Estrada N525 (Santiago - Ourense):

Vindo dende Santiago a aproximadamente 8 kilómetros chegarase á localidade A SUSANA, onde se verá un indicador a man dereita SAN FINS VEDRA, torcendo por esa estrada, a aproximadamente 800 metros está o lugar da proba. Vindo dende Ourense e necesario pasar a localidade LESTEDO, e a aproximadamente 3 kilómetros chegarase a localidade A SUSANA, ali torcer á esquerda dirección SAN FINS VEDRA, a 800 metros está o lugar da proba.

OLLO!!! IMPORTANTE TOMAR O CRUCE NA LOCALIDADE A SUSANA. Calquera outro indicador que se tome en dirección Vedra, afastaraos do lugar da proba.

A ESTRADA PRINCIPAL PECHARASE Ó TRÁFICO AS 10:30, POLO QUE É IMPORTANTE ESTAR ANTES DESA HORA.

PERCORRIDOS
CARREIRA ABSOLUTA: HORA SAIDA: 11:00 - DISTANCIA: 7500

CATEGORIAS MENORES
CIRCUITO D: CARREIRA CADETE E XUVENIL – SAIDA AS 12:00 – 3000 mt
CIRCUITO C: CARREIRA ALEVIN E INFANTIL – SAIDA AS 12:30 – 200
CIRCUITO B: CARREIRA BENXAMIN – SAIDA AS 12:50 – 1000 mt
CIRCUITO A: CARREIRA PRE-BENXAMIN - SAIDA AS 13:10 – 500 mt


:: Comenta a carreira de Vedra 2012 no foro ::