Calendario
Info da proba

O Grove

30/09/2012 10:30
Regulamento XIV Carreira Popular "Festa do Marisco"
"VII Encontro Galáico-Portugués"
O Grove-Pontevedra

30 de septembro de 2012

Distancia: 6.200 metros


ORGANIZA:Concellería de Deportes e ADM (Asociación del Deporte Meco)

PATROCINAN: Concellerías de Turismo e Deportes. Festa do Marisco.

COLABORAN: "Mariscos Jacobo", "Amegrove", "Urumar-Carpeska","Conservas Isabel" "Hotel Louxo La Toja", "Gran Hotel de la Toja" e "Adegas Lagar de Rey".

DATA DA CELEBRACIÓN: 30 de setembro de 2012

HORA DE COMEZO: Ás 10'30 horas comezarán as categorías inferiores.

DISTANCIA: 6.200 mts. aproximadamente.

SAÍDA DA PROBA:Paseo Marítimo de Beiramar (A saída está situada o lado da estación de autobuses de O Grove)

INSCRIPCIÓNS:Para todas as categorías as inscripcións realizaranse a través da páxina web www.cronotec.es , indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono, enderezo, clube ou lugar de procedencia, antes do venres 28 de setembro ás 20 horas. Os atletas que desexen optar aos premios como primeiros atletas locais deberán deixar constancia á hora de retirar o dorsal, a súa condición de local. Sen este requisito, estrictamente indispensable, non poderán optar aos citados premios.

ENTREGA DE DORSAIS: O día da carreira a partir das 09'00 horas no Pavillón de Deportes Náuticos, ata media hora antes da saída.

CARACTERÍSTICAS DO CIRCUITO: O percorrido é mixto: comeza sobre asfalto, continúa por terra (polo Monte Central), e remata sobre asfalto novamente.
Haberá servizo de duchas á finalización das probas no Pavillón de Deportes Náuticos.

PREMIOS:

Recibirán un trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría, dende "infantil" ata "veterano". As categorías dende prebenxamín, benxamín e alevín recibirán medalla tódolos participantes que poderán visitar o Acuario sempre que vaian acompañados dun maior.

- Poderase soliciar o DNI para o cobro dos premios monetarios.

CINCO PRIMEIROS DA CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA

1º) 250 Euros e dúas noites para dúas persoas en Hoteis Louxo (4 estrelas) e Gran Hotel de la Toja (5 estrelas) + 10 kgs. de mexilón de "Amegrove" + un estoxo de viño Albariño "Adegas Lagar de Rey".

2º) 200 Euros + patela de mariscos de "Mariscos Jacobo" + 10 kgs. de mexilón de "Amegrove" + un estoxo de viño Albariño "Adegas Lagar de Rey".

3º) 100 Euros + patela de mariscos de "Urumar-Karpesca" + 10 kgs. de mexilón de "Amegrove" + un estoxo de viño Albariño "Adegas Lagar de Rey".

4º) 75 Euros + vale de productos na "Festa do Marisco".

5º) Cesta de Productos de "Conservas Isabel".

- Trofeo ós tres primeiros e primeiras atletas locais recibirán un trofeo. De entre eles o primeiro e a primeira recibirán un bono de productos da "Festa do Marisco".

- Trofeo para o primeiro e primeira atleta portugués/a que tamén recibirá un bono de consumición na "Festa do Marisco".

- Trofeo para o/a atleta de maior idade tamén levará este mesmo premio.

DISTANCIAS E CATEGORÍAS

CATEGORÍA IDADE LONXITUDE

PRE-BENXAMÍN Ata os 5 anos 250 MTS.
BENXAMÍN de 6-8 anos 500 MTS.
ALEVÍN de 9-10 anos 1.000 MTS.
INFANTIL de 11-12 anos 1.000 MTS.
CADETE de 13-14 anos 1.500 MTS.
XUVENIL de 15-16 anos 1.500 MTS.
JUNIOR de 17-19 anos 6.200 MTS.
SÉNIOR de 20-34 anos 6.200 MTS.
VETERANO A de 35-44 anos 6.200 MTS.
VETERANO B de 45-54 anos 6.200 MTS.
VETERANO C de 55 anos en diante 6.200 MTS.

A carreira é totalmente gratuita.


REGULAMENTO XERAL

1º) As inscripcións para a carreira deben realizarse on-line, na páxina www.cronotec.es, antes das 20:00 horas do 28 de setembro de 2011.

2º) Os dorsais deberán ser colocados no peito para sua identificación durante a proba e a chegada.

3º) O dorsal recollerase o día da proba no Pavíllón de Deportes Náuticos, no horario sinalado para tal efecto, a partir das 09:00 horas e ata media hora antes da saída.

4º) Ao longo dos percorridos, a Organización establecerá os controis que estime oportunos. Estes controis poderán ser fixos ou móbiles, estando autorizados para descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade ou atenten contra a seguridade colectiva durante a proba.

5º) O dorsal deberá ser devolto antes de saír da zona acoutada detrás da liña de meta. A Organización colocará un posto para que se efectue esta devolución.

6º) A Organización nos se fai responsable dos danos físicos ou morais que puideran sofrir os participantes, antes, durante, e despois da carreira.

7º) O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.