Calendario
Info da proba

Riveira

16/09/2012 10:30 - 13:00
Regulamento
XV Carrera Popular Santa Uxía de Riveira
Campionato Galego de 10 km en ruta

Data: domingo, 16 de setembro de 2012.
Hora: 10:30 h.
Lugar: Riveira.
Distancia: 10.000 m.
Organiza: Concello de Riveira
Inscrición: Championchip Norte
Web: Concello de Riveira


Carreira puntuable para o Circuíto Correr en Galicia 2012-13


:: Segue os 10km de Riveira no foro ::


O Concello de Riveira a través da súa Concellería de Deportes organiza o domingo 16 de setembro de 2012 a partir das 10:30 horas, a XV edición da Carreira Popular de Santa Uxía que será a súa vez Campionato Galego Absoluto e das categorias Junior, Promesa e veteranos de 10 km en Ruta 2012.

A proba absoluta disputarase sobre unha distancia de 10 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). As probas levaranse a cabo na localidade de Riveira e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) . As probas estarán suxeitas o seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega e Atletismo, Delegación en Santiago de Compostela.

2. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
Para a XV Carreira Popular de Santa Uxía as categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2008 e posteriores*
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2005, 2006 e 2007*
BENXAMIN atletas nados no 2003 e 2004
ALEVIN atletas nados no 2001 e 2002
INFANTIL atletas nados no 1999 e 2000
CADETE atletas nados no 1997 e 1998
XUVENIL atletas nados no 1995 e 1996
JUNIOR atletas nados no 1993 e 1994
PROMESA atletas nados no 1990, 1991 e 1992
SENIOR atletas nados entre 1989 e 1978
VETERANOS A atletas nados entre 1967 e 1977
VETERANOS B atletas nados entre 1957 e 1956
VETERANOS C atletas nados en 1956 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1967 e 1977
VETERANAS B atletas nadas en 1966 e anteriores

* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas

Para o Campionato Galego de 10 km en ruta tomaranse como referencia as categorías contempladas nos regulamentos da FGA e RFEA para probas en ruta que se publicarán de xeito previo á proba na circular do campionato na web www.atletismogalego.org.

3. DISTANCIAS E HORARIOS
O percorrido da proba absoluta estará homologado pola Real Federación Española de Atletismo e as marcas entrarán a formar parte do ranking galego e nacional da distancia de 10 km en ruta. A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ UBICADA NA ZONA DO MALECON DE RIVEIRA (Paseo marítimo).
Na proba absoluta haberá caixóns de saída dependendo das marcas realizadas na distancia (só en circuitos homologados de 10 km) que deberán marcar no momento da inscrición.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:30 h Junior, Promesa, Senior e Veteranos 10 km homologados pola RFEA
11:45 h Pitufo 300 m aprox
11:50 h Prebenxamín 500 m aprox
12:00 h Benxamín e alevín 1500 m aprox
12:15 h Infantil, cadete e xuvenil 3000 m aprox
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS (AUDITORIO MUNICIPAL)

4. A XV Carreira Popular de Santa Uxía estará integrada dentro do V Circuíto de Carreiras Populares Concello de Riveira e contará coa colaboración de Naútica A Poutada, Coca-Cola, New Balance, A.C.D. "As Miñoteiras" e organizadores da Guía, Corgo e Artes.

5. INSCRICIONS
Os participantes na proba absoluta da XV Carreira Popular de Santa Uxía poderán realizar a súa inscrición na web www.championchipnorte.com, con data límite o mércores 12 de setembro ás 22 horas.

Os atletas con licencia federativa que participen no campionato galego de 10 km en ruta deberán realizar a súa inscrición a través do sistema online da Federación Galega de Atletismo.

Os participantes nas probas do resto de categorías (de pitufo a xuvenil) poderán realizar a súa inscrición na web www.riveira.com con data límite o mércores 12 setembro ás 22 horas.

PREZOS DA INSCRICION
- CATEGORIAS ESCOLARES (ata xuvenil incluido): GRATUITA
- PROBA ABSOLUTA (de junior em adiante): 3,00 €

O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina www.championchipnorte .com.

Os atletas con licencia federativa que tomen parte no Campeonato Galego de 10 km en ruta inscritos polo sistema online da Federación Galega de AtletismoNON PODERAN OPTAR OS PREMIOS EN METALICO NIN OS TROFEOS DESIGNADOS PARA AS DIFERENTES CATEGORIAS DA XV CARREIRA POPULAR DE SANTA UXIA. Para poder facelo deberán facer, a maiores da inscrición na web da FGA, a inscrición na carreira popular a través da páxina web www.championchipnorte.com (é dicir, 2 inscricións).

6. PREMIOS
Na XV Carreira Popular de Santa Uxía outorgaranse os seguintes premios:
- Medalla ós tres primeiros clasificados de cada categoría establecida no regulamento da
Proba agás nas categorías pitufo e prebenxamín.
- Trofeo o/a primeira clasificado/a local da carreira.
- Medallas para todos os participantes das categorías pitufo e prebenxamín.

OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS

PREMIOS EN METALICO DA PROBA
PROBA ABSOLUTA MASCULINA FEMININA
1º .- 250 €
1ª .- 250 €
2º .- 140 €
2ª .- 140 €
3º .- 100 €
3ª .- 100 €
4º .- 50 €
4ª .- 50 €

HABERÁ DÚAS ENTREGAS DE PREMIOS:
1º) PREMIOS DA CARREIRA POPULAR STA UXÍA
2º) PREMIOS DO CAMPIONATO GALEGO (DENDE JUNIOR A VETERÁNS)
UNHA VEZ REMATADA A ENTREGA DE TROFEOS DESTA PROBA, PROCEDERASE A DAR OS PREMIOS E TROFEOS DO "V CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES CONCELLO DE RIVEIRA”.

7. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS.
Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro de Saúde ata media hora antes do inicio de cada proba.O dorsal outorgado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na zona próxima ó peito e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba. TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo).

8. DESCALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio do Xuiz Árbitro. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando autorizados para descalificar a calquer participante que incumpra as ditas normas de competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou colectiva durante a proba.

9. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
Segundo o ARTIGO 3.4. DO REGULAMENTO das competicións autonómicas de Ruta, Pista ou Campo a Través da REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO: “Por norma general en estas competiciones no podrán participar atletas extranjeros que no tengan licencia por la Federación Autonómica donde se celebre la competición salvo si se cumple alguno de los siguientes supuestos:
- “En Autonomías con frontera terrestre con Portugal o Francia se permitirá la participación de atletas del país vecino siempre y cuando estos atletas no hayan sido internacionales por su país en los últimos 5 años y en una prueba similar”.
- “Atletas residentes en la Comunidad Autónoma. Se deberá justificar con permiso de residencia o trabajo”.
En todos os casos o organizador poderá requerir a documentación necesaria e reterá o premio mentres non sexa presentada.

10. Haberá servicio de duchas a disposición dos atletas no polideportivo municipal de Coroso.

11. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.

12. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.


:: Segue os 10km de Riveira no foro ::