Calendario
Info da proba

O Pino

05/05/2012 16:30 - 18:30
Regulamento
IX Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino

Data: sábado, 5 de maio de 2012.
Hora: a partires das 17:30 h. Ler punto 3 do regulamento.
Lugar: Pedrouzo, Concello de O Pino.
Distancia: de 300 a 8.100 m.
Organiza: Concello de O Pino
Inscrición: ata o xoves 3 de maio ás 14:00 h. Ler punto 4 do regulamento.





:: Segue a carreira de O Pino no foro ::


O Concello de O Pino celebra a IX edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 5 de maio de 2012 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) e de acordo co seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo, Delegación en Santiago de Compostela.

2. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:
PITUFO: atletas nados no 2008 e posteriores
PREBENXAMÍN: atletas nados no 2005, 2006 e 2007
BENXAMIN: atletas nados no 2003 e 2004
ALEVIN: atletas nados no 2001 e 2002
INFANTIL: atletas nados no 1999 e 2000
CADETE: atletas nados no 1997 e 1998
XUVENIL: atletas nados no 1995 e 1996
JUNIOR-PROMESA: atletas nados no 1990, 1991, 1992, 1993 e 1994
SENIOR: atletas nados en 1989 ata veteráns
VETERANOS A: atletas nados entre 1967 e 1977
VETERANOS B: atletas nados entre 1957 e 1966
VETERANOS C: atletas nados en 1956 e anteriores
VETERANAS A: atletas nadas entre 1967 e 1977
VETERANAS B: atletas nadas en 1966 e anteriores

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
HORA PROBA DISTANCIA
17:30 h CANICROSS POPULAR 3100 m (1 volta ó circuito alternativo)
18:00 h PITUFO 300 m (1 Volta Pitufo)
18:07 h PREBENXAMIN 500 m (1 Volta Prebenxamín)
18:15 h BENXAMIN e ALEVIN 850 m (1 Volta Pequena)
18:30 h INFANTIL (M/F) e CADETE FEMENINO 1928 m (1 Volta Mediana)
18:50 h CADETE MASCULINO e XUVENIL (M/F) 3186 m (1 Volta Grande)
19:15 h ABSOLUTA: JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANS 8100 m (1 Volta Grande + 1 P + 1 G + 1 P)
20:30 h ENTREGA DE TROFEOS CASA DA CULTURA

PLANO DAS PROBAS

4. INSCRICIONS
› PROBAS ESCOLARES (pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil).
Poderán realizalas no correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com. Deberán facer constar os seguintes datos na inscrición: nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, clube, Nº DE LICENCIA FEDERATIVA OU SEGURO ESCOLAR (se o/a ten (prégase dar este dato se está en posesión da licencia ou seguro escolar para a cobertura do seguro de accidentes deportivos)).
Teléfono de información: 981 511 002.

A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.

› PROBA ABSOLUTA E CANICROSS (junior-promesa, senior e veteráns).
A inscrición realizarase a través da web www.turesultado.es (apartado "Inscripciones", picar co punteiro do rato sobre o nome da proba e rellenar os campos de inscrición).

O prezo da inscrición será de 4 € que deberán aboar no número de conta de NOVA GALICIA BANCO 2080 5835 16 3040004563, indicando en CONCEPTO o NOME E APELIDOS DO ATLETA QUE PARTICIPARA NA PROBA (indispensable para identificar o pago).

Os atletas participantes no CANICROSS POPULAR que desexen participar tamén na proba absoluta deberán indicalo remitindo un correo á dirección info@sportsolution.es .

Para calquer dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ós teléfonos 946 412 467 / 663 822 224 en horario: 9:00 - 19:00 horas.

› INSCRICION POR CLUBES .
Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.turesultado.es e remitir un correo electrónico á dirección inscricionsFGAsantiago@gmail.com ou FAX ao nº 981 511123 cos datos do clube (nome, CIF, dirección,…) xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE FAX OU CORREO ELECTRONICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANS.

Admitiranse inscricións ata o o xoves 3 maio as 14 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA . Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICION sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (CASA DA CULTURA) ubicada fronte ó polideportivo municipal como prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.

5. PREMIOS
› Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes), agás na categoría PITUFO que só percibirán medalla (non haberá clasificación desta proba).

› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANS).

› Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.

› Trofeo e bono de 1 sesión de masaxe cortesía de FISIOTERAPIA ARCA para os 3 primeiros clasificados homes e mulleres do Concello na carreira absoluta.

› Trofeo para os 3 primeiros equipos clasificados na clasificación final.

› Trofeo para o clube que aporte máis participantes á proba.

› Trofeo para o centro escolar que aporte máis participantes á proba.

› Camiseta e bebida para tódolos participantes.

› Medallas para tódolos participantes escolares (de pitufo a xuvenil).

Os trofeos non serán acumulativos

PREMIOS EN METALICO (Só para a Carreira JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANS)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 300 €
2º Clasificado/a: 200 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS POR CLUBES
1º Equipo Clasificado: 200 €
2º Equipo Clasificado: 100 €
3º Equipo Clasificado: 75 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 4 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 4º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos. Para puntuar nesta clasificación é necesario que alo menos 8 corredores do clube logren concluir a carreira.

SO SE ADMITIRA A PARTICIPACION DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METALICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.

6. Segundo o ARTIGO 3.4. DO REGULAMENTO das competicións autonómicas de Ruta, Pista ou Campo a Través da REAL FEDERACION ESPAÑOLA DE ATLETISMO: "Por norma general en estas competiciones no podrán participar atletas extranjeros que no tengan licencia por la Federación Autonómica donde se celebre la competición salvo si se cumple alguno de los siguientes supuestos:
− "En Autonomías con frontera terrestre con Portugal o Francia se permitirá la participación de atletas del país vecino siempre y cuando estos atletas no hayan sido internacionales por su país en los últimos 5 años y en una prueba similar".
− "Atletas residentes en la Comunidad Autónoma. Se deberá justificar con permiso de residencia o trabajo".

En todos os casos o organizador poderá requerir a documentación necesaria e reterá o premio mentres non sexa presentada.

7. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.

8. Haberá Servicio de duchas e vestiarios nos Polideportivos Municipais de Arca (fronte a SECRETARIA DE COMPETICION), e no Campo de Fútbol sito a carón da SAIDA das probas.


:: Segue a carreira de O Pino no foro ::