Calendario
Info da proba

Corrubedo

06/07/2008 10:30 - 12:30
Regulamento
II Carreira Campo a Través do Corgo, Corrubedo
I Circuito Concello de Riveira de Carreiras Populares

Data: domingo, 6 de Xullo de 2008
Hora: 10:30 h
Distancia: 11.250 m
Límite de corredores: 200 prazas
Organiza: R. e I. Cofradía da Dorna, A.C. Pau da Lus, Concello de Riveira e moitos amigos máis.
Inscripcións:
- Do 7 de Xuño ó 15 de Xuño para os participantes na Carreira da Guía - Circuito Concello de Riveira.
- Do 16 de Xuño ó 3 de Xullo para o resto de corredores.
Web oficial da proba: Cofradía da Dorna (mapas, fotos, inscripcións)

A II CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO organizada polo Concello de Ribeira e polas asociacions culturais “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” de Ribeira , “Pau da Luz” de Corrubedo e moitos amigos máis, celebrarase o 6 de Xullo de 2008 ás 10:30 horas da mañá. A proba estará suxeita ó seguinte:

REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase no lugar de Teira-Corrubedo, ás 10:30 horas.

2. O número máximo de participantes é de 200. Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.

3. O percorrido será de 11.250 mts. aprox. debidamente sinalizado.
A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido. Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

4. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

5. Ó longo do percorrido a organización establecerá un avituallamento (auga) que vai estar situado no kilómetro 6.
Dispois do avituallamento imos ter varios recipientes donde será obrigatorio depositar os envases.

6. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.

7. O CONTROL DA CHEGADA PECHARASE AS 11.45 H.

8. O prezo da inscrición é de 3 € por atleta.
Prazos:
- Do 7 de Xuño o 15 de Xuño, para os participantes na carreira Virxe da Guía (primeira proba do circuito Concello de Ribeira).
- Do 16 de Xuño ata o 3 de Xullo, poderán facelo todo-l@s atletas que así o desexen.

O prazo remata o día 3 de Xullo do 2008 as 14:00 h. Non se admitirá ningúnha inscripción que non leve consigo o seu ingreso correspondiente.
Irase publicando periódicamente na web da proba o listado provisional de inscriptos.
O importe da inscripción ten que ser ingresado nunha conta que publicaremos antes de abrir o prazo de inscrición.
As persoas participantes serán agasalladas con unha bolsa de corredor.

DATOS NECESARIOS PARA A INSCRICIÓN
Nome e apelidos, dni, data de nacemento, sexo, enderezo e teléfono. É obrigatorio ter cumprido os 18 anos o día da proba.

NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA

RETIRADA DE DORSAIS:
O sábado pola tarde en Teira, desde as 18,00 horas atas as 20,00 horas.
O mesmo día da proba en Teira, ata 30 minutos antes do inicio.

9. Establécense as seguintes categorías :
CATEGORÍA IDADE

Senior masculino/femenino de 18 a 39 anos
Veteráns masculino/femenino máis de 40 anos.

10. Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femeninos.
Trofeo Primeiro/a Clasificado/a

Trofeo Segundo/a Clasificado/a

Trofeo Terceiro/a Clasificado/a

O primeiro atleta local, masculino e femenino recibirán trofeo.

Trofeo Primer/a Clasificado/a Ribeira

En ningún caso, un mesmo atleta poderá recibir dous premios, percibindo únicamente o de maior categoría.

A carreira esta integrada no I CIRCUITO CONCELLO DE RIBEIRA DE CARREIRAS POPULARES, polo tanto todo-los participantes puntúan para a clasificación final xeral do mencionado circuito.

11. CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPOIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECE-LO DESENVOLVEMENTO DA MESMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DOS ATLETAS PARA PODER ACCEDER ÓS PREMIOS.

12. No Polideportivo municipal de Sirves-Olveira (situadas a 3 kms de Teira), os atletas terán a súa disposición vestuarios e duchas.

13. As asociacións “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” e “Pau da Luz” non se fan responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

14. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

Descalificarase a toda aquela persoa que non cumpla o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, non manteña unha aptitude de respecto cara o medio ambiente e os membros da organización, tire botellas de auga fora dos recipientes preparados para elo ou incumpla a súa obriga de auxiliar a un participante que o solicite.