Calendario
Info da proba

Cambados

12/06/2011 11:00 - 13:00
Regulamento
III Carrera Popular de Cambados

Data: domingo, 12 de xuño de 2011.
Hora: a partir das 11:00 h.
Lugar: Cambados.
Distancia: 10.000 m.
Organiza: Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados.
Inscrición: ata o xoves 9 de Xuño ás 24:00 horas en Championchip norte.





... Participa no foro de carreiras populares


A III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS, organizada pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados, celebrarase o vindeiro Domingo, 12 de Xuño ás 11:00 horas, con saída e chegada na Praza de Fefiñáns. A proba estará suxeita ó seguinte

REGULAMENTO XERAL

Celebrarase unha sola proba de 10.000 metros CON CONTROL DE CHIP, por un circuito urbano , con saída e chegada na Praza de Fefiñáns.

CATEGORÍAS HOMES
XM: Xuvenís- Junior- Promesa: 1993-1989
SM: Senior: 1988-1975
VAM: Veteranos A: 1974-65
VBM: Veteranos B: 1964-55
VCM: Veteranos C: 1954 e anteriores.

CATEGORÍAS MULLERES
XF: Xuvenís- Junior- Promesa: 1993-1989
SF: Senior: 1988-75
VAF: Veteranas A: 1974-67
VBF: Veteranas B: 1966 e anteriores

Toda a proba estará controlada ó longo do percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor e que deberá colocar nas súas zapatillas antes da saída. Os corredores que cheguen á liña de meta sen o seu chip, non serán clasificados e teñen a OBRIGA de devolvelo ó finaliza-la proba. TODOS AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIÓNS; TAMPOUCO RECIBIRÁN NINGÚN TIPO DE OBSEQUIO E NON PODERÁN PARTICIPAR EN NINGUNHA PROBA ORGANIZADA POR CHAMPIONCHIP. Este chip, finalizada a proba, non ten ninguna utilidade.

Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible NO PEITO para a súa identificación, cometa algunha irregularidade ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado/a.

A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

Contarase cun servicio de ambulancia e cun seguro de accidentes.

Vestiarios e duchas: Habilitarase o Pavillón Municipal de O Pombal das 11:30 ás 14 horas.

Resultados: www.championchipnorte.com; www.correrengalicia.org

INSCRIPCIÓNS
DATOS OBRIGATORIOS: NIF, NOME, APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, SEXO, LOCALIDADE, MÓVIL, CLUBE (se o ten).

PRAZO: Ata o xoves 9 de xuño, ás 24 horas. A través da páxina web : www.championchipnorte.com

PREZO DA INSCRIPCIÓN: GRATUITA.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscripción deberedes dirixirvos ó teléfono: 982 81 68 84
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba: Sección de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados ou ó teléfono 607518438 (Alfredo V. Oliveira)
Non se admitirán inscripcións fora de plazo, sen os datos obrigatorios, nin o día da proba.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o día da proba no ARCO DO PAZO DE FEFIÑÁNS ( NA MESMA PRAZA), a partir das 9: 00 horas ata media hora antes do inicio da proba.

TROFEOS, PREMIOS E AGASALLOS
Gorras conmemorativas ata fin de existencias no momento de retira-lo dorsal e o chip.
Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría

PREMIOS EN METÁLICO PARA OS/AS CATRO PRIMEIROS /AS CLASIFICADOS/AS NA PROBA
Homes - Mulleres
1º 500 € - 1ª 500 €
2º 400 € - 2ª 400 €
3º 300 € - 3ª 300 €
4º 200 € - 4ª 200 €

OS PREMIOS EN METÁLICO ESTARÁN SUXEITOS ÁS OBRIGAS TRIBUTARIAS

ENTREGA DE PREMIOS
Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.
Os gañadores dos premios en metálico, deberán firmar un recibí unha vez recollan o premio.
A entrega de premios será na Praza de Fefiñáns e comenzará sobre as 12:30 horas (aproximadamente)
A Concellería de Deportes do Concello de Cambados non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

Dado o carácter deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espíritu e comportamento deportivo de tódolos participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase según o criterio técnico da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento.


... Participa no foro de carreiras populares