Calendario
Info da proba

Boimorto

19/09/2010 8:30 - 11:00
Regulamento
IV Canicross de Boimorto
Proba do Calendario 2010-11 de Canicross da FGDI

Data: domingo, 19 de setembro de 2010.
Hora: a partir das 8:30 h.
Lugar: Boimorto.
Distancia: 3.100 m.
Inscrición: ata o venres 17 de setembro

PERCORRIDO
A proba seguirá un percorrido de 3100m señalizados.

TROFEOS
Haberá Trofeo para os 3 primeiros de cada categoría constituida (3 participantes).

FOLLA DE INSCRICIÓN
Descárgase en www.fgdi.es, http://acade.blogia.com ou www.gimnasioesparta.com/asociacionacade e débese enviar a: asociacioncansdeportistas@gmail.com ou carreiradeboimorto@hotmail.com

Trofeo “CONCELLO DE BOIMORTO”

PRESENTACIÓN

O Canicross é unha modalidade deportiva do Mushing que é un deporte que depende da Federación De Deportes de Inverno. Consiste en correr cun can atado á cintura mediante unha línea de amarre que une o arnés de tiro do can ó cinto de tiro do corredor.

O entorno é privilexiado pola diversidade de paisaxes: regatos, carballeiras,… ademais deointerés etnográfico que presenta o percorrido.

REGULAMENTO (resumido)
A proba rexirase polo Regulamento da Liga Galega de Canicross 2010-11, publicado na web da FGDI e de ACADE e que poderán ver os participantes antes da proba. Informarase dos detalles máis importantes na Reunión Informativa. Será responsabilidade do corredor coñecelo e a inscrición na proba implica a aceptación do mesmo.

Poderán participar corredores federados ou non pola FGDI, habendo unha soa clasificación conxunta.

Os aspectos máis importantes para poder participar son:
* Tódolos cans cumprirán obrigatoriamente:
- Ter 12 meses como mínimo.
- Pasar o Control Veterinario.
- Ter Cartilla de Vacinación ó día selada por Veterinario colexiado.
- Ter o Microchip imprantado.
- Ter Póliza de R.C. que cubra a práctica deportiva e competición.

* Os participantes irán equipados obrigatoriamente co seguiente material:
-O can levará arnés de tiro sen ningún elemento de ningún material.
- Corredor e can irán unidos por unha línea de tiro con amortiguador que non superará os 2’5m en extensión e non levar ningún elemento de ningún material para unirse ó arnés de tiro do can.
- O corredor levará un cinto de 7 cm de ancho como mínimo onde enganchar a línea de tiro mediante un sistema de apertura rápida.

Se non se dispón deste material, a organización instalará puntos de venta de material antes da proba, chamando con anterioridade ó organizador. Pero é responsabilidade do corredor ter o material para o día da proba.

Se non se dispón da Póliza de R.C., pódese contratar unha póliza por un día contactando en asociacioncansdeportistas@gmail.com ou co organizador.

O día da proba será obrigatorio presentar a Cartilla de Vacinación e o xustificante de pagamento da Póliza de R.C.
CATEGORÍAS (homes y mulleres)
Cadete: 12-14 años Xunior: 15-17 años Senior: 18-39 años
Master 40: 40-49 años Master 50: 50 años endiante.

HORARIO
08:30-09:00 Entrega Dorsais e Control Veterinario
09:00-09:15 Reunión Informativa
09:30-10:00 IV Canicross Boimorto
13:00-13:15 Entrega de Trofeos

NORMAS DA CARREIRA (resumido)
O corredor correrá sempre por detrás do can permitíndose como máximo facelo á altura das patas traseiras.

- AMONESTACIÓN: Non implica penalización de tempo:
* Non levar o dorsal visible, saír sen el ou perderlo na carreira.
* Non facilitar ou dificultar un adiantamento.
* Non asistir á reunión informativa previa á carreira cando sexa obrigatoria.
* Non pasar o control de parque-cerrado cando exista.
* Levar o can desatado antes ou despois da proba.
* Non levar a línea de tiro recollida na saída os metros indicados.
* Emporcar o percorrido ou lugar da proba de calquera xeito.
* Outros supostos, que sendo a 1ª vez, o Director de Carreira considere que:
- NON ten consecuencias para ningún participante.
- NON lle otorga ningún vantaxe.
- NON son un perxuicio para o deporte, a proba u outro competidor.
- PENALIZACIÓN: Penalizarase engadindo 60 segundos ó tempo do corredor:
* Correr por diante do can tirando ou sen tirar del (á 2ª vez son 2 minutos).
* Empurrar ó can dende atrás.
* Pouco control do corredor sobre o seu can na saída ou durante a proba.
* Outros supostos de amonestación repetidos.

- DESCALIFICACIÓN: NON implica a "posta a 0" do expediente do corredor:
* Correr por diante do can tirando ou sen tirar del (3ª vez).
* Empurrar ó can dende atrás (2ª vez).
* Pouco control do corredor sobre o seu can na saída ou durante a proba (2ª vez).
* Maltratar un can ou agredir a outro corredor ou membro da organización.
* Manifesta agresividade do can ou falla grave de control sobre el.
* Non pasar por todolos puntos de control ou acortar o percorrido.
* Recibir axuda externa fora dos espazos autorizados.
* Degradar o itinerario.
* Dañar intencionadamente equipos ou material da organización.
* No prestar auxilio a outro equipo no caso de accidente deste.
* Soltar ou perder ó can durante a carreira.

* Outros supostos que o Director de Carreira considere que:
- Ten consecuencias para algún participante.
- Otórgalle algún vantaxe.
- Son perxuicio para o deporte, a proba ou calquer competidor.



- - Participa no foro de carreiras populares