Calendario
Info da proba

Sandiás

30/05/2010 11:00 - 13:30
Regulamento
I Carreira Popular Torre de O Castro, Sandiás

Data: domingo, 30 de maio de 2010
Hora: a partir das 11:00 h
Lugar: Sandiás, Ourense
Distancia: 7.900 m
Organiza: Asociación Deportiva Limiactiva e Concello de Sandiás
Inscrición: ata o 28 de maio na web de Limiactiva ou ver máis información no regulamento.
Web: Limiactiva


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


PROBA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A I CARREIRA POPULAR TORRE DO CASTRO está organizada pola ASOCIACIÓN DEPORTIVA LIMIACTIVA e colabora o CONCELLO DE SANDIÁS, celebrarase o domingo día 30 de maio de 2010.

REGULAMENTO :
1. A saída será:
a. Ás 11:00 para a carreira escolar (2.000 m.)
b. Ás 11:30 para a carreira absoluta (7.900 m.)
c. Ás 12:40 para a carreira pitufos (350 m.)

2. A saída estará situada ó lado da Casa do Concello e a meta diante do Colexio.

3. A clasificación será absoluta e por categorías.

4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, dos organismos municipais competentes, e da Dirección Xeral de Tráfico, que regulará o tráfico ó longo do percorrido.

5. O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.

6. O control de chegada pechará 40 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.

7. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.

8. A organización conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.

9. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.

10. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

11. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. se son desestimadas por éste, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ó xurado de apelación.

12. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.


INSCRICIÓNS:
Recibiránse inscricións a partir do 15 de maio ata o 28 de maio ás 20:00 H.
Por e-mail: limiactiva (arroba) gmail.com
Na web: www.limiactiva.com
Por Fax: 988446048 (Concello de Sandiás)
Na Casa do Concello de Sandíás.
Na tenda Intersport Bouso da Rúa Curros Enríquez Nº5, de Ourense.

As incricións para a CARREIRA ESCOLAR E PITUFOS, (categorías A, B, C, D e N), serán gratuitas.

Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 3,00 € en concepto de inscrición, as formas de pago son:
Facendo un ingreso ou transferencia na conta de Caixa Galicia
2091 0410 59 3000081161 - (A. D. LIMIACTIVA)

Indicar no concepto nome e apelidos do atleta participante ou nome do equipo ou clube no caso de ser varios atletas.

Pago o contado no Concello de Sandías ou na Tenda Bouso Intersport para as inscricións presenciais.

Non se completará a inscrición ata formalizar e comprobar o pago.

A lista de participantes confirmados será publicada e actualizada periódicamente na web www.limiactiva.com

IMPORTANTE: Para realizar as inscricións, é obrigatorio para tódolos participantes dar os seguintes datos: nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, número de teléfono, localidade de procedencia, clube e número de licencia federativa (sólo os atletas federados). non se admiten inscricións sen os datos obrigatorios, nin fora de prazo, nin o día da proba.

A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.

Servizo de duchas no Albergue de Peregrinos, situado ó lado do Colexio.

PECHARASE A INSCRICIÓN O VENRES DÍA 28 DE MAIO AS 20:00 H. A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS.

TELÉFONO DE INFORMACIÓN: 665 936 887

AGASALLO DUNHA CAMISETA TÉCNICA PARA TÓDOLOS ATLETAS QUE CHEGUEN Á META.


CATEGORÍAS
Saída ás 11:00 h - 2.000 m
A - BENXAMÍN - NADOS NO 2001 E 2002
B - ALEVÍN - NADOS NO 1999 E 2000
C - INFANTIL - NADOS NO 1997 E 1998
D - CADETE - NADOS NO 1995 E 1996

Saída ás 11:30 h - 7.900 m
E - XUVENIL - NADOS NO 1993 E 1994
F - IÚNIOR - NADOS NO 1991 E 1992
G - PROMESA - NADOS NO 1988, 1989 E 1990
H - SÉNIOR - DENDE 1987 ATA VETERÁNS
I - VETERANOS A - MAIORES DE 35 ANOS
J - VETERANOS B - MAIORES DE 40 ANOS
K - VETERANOS C - MAIORES DE 45 ANOS
L - VETERANOS D - MAIORES DE 50 ANOS
M - VETERANOS E - MAIORES DE 55 ANOS

Saída ás 12:40 h - 350 m
N PITUFOS NADOS NO ANO 2003 E POSTERIORES 12:40 H 350 m


PREMIOS

TROFEO PARA O PRIMEIRO CLASIFICADO E MEDALLA PARA O 2º E 3º DE CADA CATEGORÍA EN:
BENXAMÍN
ALEVÍN
INFANTIL
CADETE


CARREIRA ABSOLUTA:
1º CLAS. MASC.
2º CLAS. MASC.
3º CLAS. MASC.
1º CLAS. FEM.
2º CLAS. FEM
3º CLAS. FEM.


TROFEO PARA OS PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA: (OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS)
XUVENIL
IÚNIOR
PROMESA
SÉNIOR
VETERANOS A
VETERANOS B
VETERANOS C
VETERANOS D
VETERANOS E

ATLETAS LOCAIS (Empadroados no Concello de Sandiás)
1º LOCAL MASC.
1º LOCAL FEM.

MAIOR IDADE TROFEO
MÁIS NOVO TROFEO



- - Participa no foro de carreiras populares